PROCEDEMENTOS AVALIACIÓN

En todas as avaliacións realizarase unha serie de probas escritas para poder avaliar os contidos aprendidos polo alumno/a. Faranse un mínimo de una proba escrita por unidadee otra final da avaliación (de todas as unidades dadas na avaliación) onde se lles plantexará aos alumnos unha serie de cuestións sobre a materia. Estas probas escritas farán media ponderada e terán posteriormente un peso na nota da avaliación.

Ademais de terse en conta estas probas para poder cualificar aos alumnos, se cualificará o traballo diario na aula e no laboratorio, a realización de actividades diarias na casa (caderno persoal do alumno). 
A notas de avaliación serán o resultado de aplicar os anteriores criterios de cualificación, sendo a cualificación positiva si se acada como mínimo 5 puntos.
O longo do curso realizaranse unha serie de recuperacións: Unha recuperación por avaliación mediante unha proba escrita da mesma materia, na 2ª semana do seguinte trimestre (para a 1ª e 2ª avaliación). Esta proba avaliarase de 0 a 10 puntos, sendo 5 puntos o mínimo considerado positivo. Nestas recuperacións ademais dunha proba escrita avaliarase o traballo persoal no caderno do alumno, sendo requisito indispensable para superar a recuperación obter unha nota igual ou superior a 5.
A final do curso realizarase, unha recuperación sobre contidos mínimos de tódalas avaliacións non superadas anteriormente (1ª, 2ª e 3º). Esta proba avaliarase de 0 a 10 puntos, sendo 5 puntos o mínimo considerado positivo. Nesta recuperación, ademais dunha proba escrita avaliarase o caderno do alumno, sendo requisito indispensable para superar a recuperación obter unha nota igual ou superior a 5. 
A nota final de XUÑO obterase facendo a media aritmética das notas das tres avaliacións, sendo a cualificación positiva si se acada como mínimo 5 puntos. De non ter superada a materia no mes de Xuño, esta quedará como pendente na súa totalidade. 
 Os alumnos que non superen a materia en xuño terán que se presentar á convocatoria extraordinaria de SETEMBRO o, no que se avaliará mediante unha proba escrita os contidos mínimos. Esta proba avaliarase de 0 a 10 puntos, tendo a avaliación positiva o alumno que acade unha nota igual ou superior a 5. A nota da convocatoria será o número enteiro máis cercan o resultado do exame.

ShareThis