CRITERIOS RECUPERACIÓN


3º CURSO DA ESO:

Figuran a continuación os plans de traballo para a superación da materia correspondente a 3º da ESO.

CONTIDOS ESIXIBLES
Os contidos mínimos de 3º da ESO.

PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
Daráselles duas oportunidades o longo do curso:
  1. Deberán responder por escrito a un listado de preguntas sobre as Unidades do Programa que se lles dará a principio do curso e se lles irá correxindo periodicamente (quincenalmente). Fecha tope de entrega 08-01-2016.
  2. Proba escrita extraordinaria, sobre todo o temario dos contidos mínimos, no mes de maio do 2016 (3 ó 4), onde deberán entregar ademáis todas as actividades do libro de texto correspondentes as Unidades do Programa nun caderno. Estas actividades que se lles correxirá quincenalmente.
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
  1. Listado de preguntas sobre as Unidades do Programa (setembro a decembro).
  2. Actividades do libro de texto de cada unha das Unidades do Programa (xaneiro a maio).
  3. Proba escrita en maio de 2016  (3 ó 4).
CRITERIOS PARA SUPERAR AS MATERIAS PENDENTES POLA AVALIACIÓN CONTINUA
  1. Presentación e orde do traballo presentado (08-01-16). Contestará a lo menos o 90% das preguntas e terá o 80% delas correctamente respondidas. Valoración máxima de 5 puntos.
  2. Presentación e orden do traballo presentado (3/4 maio 2016). Contestar a lo menos o 95% das preguntas e terá que ter o 85% delas correctamente respondidas. Valoración máxima de 2 puntos.
  3. É necesario unha nota mínima de 4 puntos na proba escrita e sumar a lo menos 1 punto nas actividades do libro de texto (2º apartado) para superar a sinatura.

ShareThis